miércoles, 27 de febrero de 2008

Boa xornada!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11


OSSIAN UNIVERSIDADE 3 - 0 ???

Incidentes: O partido dáselle como gañado ao Ossián por incomparecencia do equipo rival. Son 3 puntos para o Ossián, 3 que lle restan ao equipo non presentado e tamén lle descontan puntos ao equipo da árbitro, tamén ausente neste día. Polo restante, en torno aos 12ºC con chuvia tenue e ao redor de 3 espectadores.

lunes, 25 de febrero de 2008

Problemas!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11

Previa Ossian

Informa:O xogador do Ossian Universidade Gattuso poderia perderse o proximo encontro. Faltan xogadores do seu perfil no banco!

viernes, 22 de febrero de 2008

O DERBI da xornada!!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FÚTBOL SALA
OSSIAN UNIVERSIDADE FS 2 - 2 LA BROMA CF
Xogaron: Guito - Gatto - Taller - Boris - Ventoso
Luis - Anxo - Tito e Finito

Goles : 1- Tito
1- Ventoso
Incidentes: Moita espectación para ver un partido desta que o mereceu. O Ossian comezou o partido titubeante, pero pouco a pouco foi alcanzando o seu nivel. Os "bromistas" adiantáronse por duas veces no marcador mais non souberon manter a sua renda. A segunda metade do primeiro tempo foi un "ida e volta", continuas contras para os dous equipos onde se demostrou o bo estado dos porteiros. Guito, tivo que emplearse a fondo nalgunha ocasión.

O segundo tempo foi un auténtico monólogo do Ossian con continuos roubos de balóns e veloces contras que lograron pronto o gol do mais que merecido empate.

Aqui foi cando se puxo mais interesante o encontro, entrou en xogo a emoción, o afán por competir,as ganas de gañar,....esto propiciou que houbera algún que outro "pique" entre os xogadores que non foi a máis. Para finalizar comenar que fixo unha temperatura duns 18ºC e que foi un bo partido e un bo día, e que os xogadores xa sacaron o sabor amargo do empate.
Tódolos videos en canleOssian:

miércoles, 20 de febrero de 2008

Partidazo!!!


LIGA UNIVERSITARIA


FUTBOL SALA


OSSIAN UNIVERSIDADE FS vs La Broma FC


Datos: Mañá dia 21 de febreiro as 14:00h no Pabillon de Riazor .


Comentarios: O que perda este partido terá moi complicado pasar á seguinte fase do campionato. Esto mais a rivalidade convirte o partido nun DERBI.

Mala racha!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11

OSSIÁN UNIVERSIDADE 1 - 3 ????????????

Xogaron: Diego - Fabián - Boris - Jorge - Luis - Gatto - Pipelo

Fer - Ventoso - Taller e Tito.

Tamén xogaron: Eloi e ???

Goles: 1- Taller

Incidencias: Destacar que foi un partido duro pero con bastante bo xogo, o árbitro non estubo acertado con moitas das decisións. Gattuso do Ossián foi expulsado no minuto 20 da segunda parte (aprox.) por unha forte entrada no borde da área. O gol de Taller foi de forte disparo con efecto que colleu ao porteiro rival algo "descolocado". Por todo o demáis destacar a boa temperatura do día e o bo estado do terreo de xogo, A Leyma, o redor de 10 espectadores.

viernes, 15 de febrero de 2008

Caida libre!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 3 - 12 Arquitectura 2_?

Xogaron: Luis - Gatto - Anxo - Finito - Taller




Goles: - 2 Finito
- 1 Anxo
.Imaxe: calentando motores.

Imaxe: o equipo destrozado





Incidentes: Pesimo partido do equipo onde a unica conclusion posible é que hai que tomar as cousas con maior seriedade.

Videos CDO en canleOssian:

http://youtube.com/watch?v=CL5k5HnRR3E

Futbol total!!!!

LIGA UNIVERSITARIA


FUTBOL 11

Juanjo FC 5 - 4 Ossián Universidade


Esquema do inicio do partido. Xogaron:

Manu(PT), Jorge, Eloi e Luis (DF), Gattuso, Anxo (MC), Fabián, Rubio (EX), Tito, Taller (DL) e Finito (DC) ---> Tamén xogou: Ventoso (de todo un pouco)
*A maioria foron rotando de posición

Goles: - 1 Fabian
- 1 Anxo
-1 Finito
- 1 Taller

Incidentes: Cousa de 5 ou 6 espectadores no Campo de A Leyma para ver un partido de futbol moi trabado e con demasiado xogo directo, o equipo local caeu en cousa de 15 ou mais foras de xogo. Dous penaltis en contra do Ossián que provocaron Eloi e Jorge, os dous centrales puxeron o partido moi complicado. Nun dos goles locais o porteiro manu, pudo facer algo máis e en canto a eficacia oleadora destacar que se houbese algun tiro mais dende a frontal da area podia ampliarse o marcador. Destacar o precioso gol de baselina de Finito e o pique entre este e o central do equipo contrario. En torno aos 20ºC nun caluroso día de inverno galego.

*PD: Sinto non ter imaxes, pero estaba xogando, mal, pero xogando.