miércoles, 30 de julio de 2008

Posibles baixas...

LIGA UNIVERSITARIA
OSSIAN UNIVERSIDADE

Pois parece ser que o Clube contara con duas baixas importantes (a espera de confirmar algunha máis), a do lateral esquerdo de largo recorrido Luis e a do medio centro de corte defensivo Gatto, sen dubida duas baixas importantes de cara ao proximo curso ligueiro, xa que ambolos dous foron titulares indiscutibles durante toda a pasada tempada. O primeiro causará baixa por mor dunha beca ERASMUS, que o translada ata as Illas Britanicas, e o segundo por unha serie de lesións que lle impiden rendir a bo nivel, pero, como asegura o propio xogador, de tanto en tanto fara as delicias dos espectadores acudindo a xogar algún que outro partido. Dende a dirección do blog, desexarlles boa sorte aos dous e un pronto regreso ao primeiro da sua estadia polo extranxeiro.

Noutra orde de cousas comunicar que o Clube anda na procura sobre todo dun Lateral Esquerdo e dun Medio Centro Defensivo, postos para os que non hai efectivos e que se consideran claves de cara a próxima tempada, todavia non se barallan nomes concretos pero estaremos atentos ao que pase nos próximos dias.

Sen máis, pasade un bo veran.

viernes, 23 de mayo de 2008

Acabou o ano!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11
Acabou a tempada xa haberá 2 ou 3 semanas, esperaba a actualizar porque me prometeran unhas fotos do ultimo partido que finalmente non chegaron, solo dicir que perdimos o partido de volta 2 a 4 contra o campion de 1ª, asique solo cabe esperar haber que pasa o ano proximo. Se acontece algo mais xa vos iremos avisando.
O anterior partido xogaron: Porteiro (Hugo?), Luis, Boris, Jorge, Eloi, Anxo, Paco, Ventoso, Tito, Taller e Angel.
Os goles non me acordo quen os marcou.
Sen máis hasta o próximo ano OSSIANISTAS!!!

domingo, 4 de mayo de 2008

Copa Reitor!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11

Non estamos seguros da data do partido pero todo fai supoñer que será o Martes ou o Mercores a eso do mediodia. É un partido de vital importancia se queremos facer algo medianamente decente na copa despois de gañar o outro día por 5 a 2 xogando boa parte do partido con 8, logo 9, logo 10 e os ultimos 15 minutos xa con 11. Destacar o golazo de Ventoso e un tiro a escuadra de Tito, ademáis como non, mencionar un hatt-trick de Taller.

martes, 22 de abril de 2008

Mala Sorte!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 3 - 2 Play-Off FS

Xogaron: Guito, Finito, Luis, Anxo, Taller, Boris e Ventoso.

Goles: ? - ???.

Incidencias: Gran partido do Ossián no Pavillón Agra II, gañou facendo un partidazo ante un contrario moi duro, os nosos xogaron un bo partido sabendo que necesitaban unha renda de dous goles que finalmente non puido ser.

O resultado final do partido de PLAY OFF polo ansenso queda:

Ossián Universidade FS 5 - 6 PLAY-OFF FS

lunes, 14 de abril de 2008

Información ("recunchO")

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL ONCE

Información: Grazas a Finito sabemos que o Ossián Universidade quedou 5º a tan só 7 puntos do ascenso, unha lástima, pero xa se logrará par o próximo ano, tamén sabemos a data é hora do próximo partido, será o próximo MERCORES 30 de ABRIL as 13:00h no campo de fútbol da LEYMA en partido correspondente á COPA REITOR, esta competición apetécelles e moito aos xogadores do Ossián, para, así, intentar quitarse a espiña da catastrofe da liga regular.

sábado, 12 de abril de 2008

Clasificados!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA
O Ossián Universidade F.S logrou a clasificación para a seguinte fase do ascenso a 1º, non temos moitos datos datos destes encontros, solo dicir que o Ossián venceu en 3 dos seus 4 compromisos o que o levou a ser un claro candidato ao ascenso. Noutra orde de cousas salientar que Boris retirouse lesionado do ultimo encontro e é seria dubida para os proximos, tamén salientar que o novo sistema do equipo denominado polos seus integrantes "catenaccio" está a dar moi bos resultados. Ademáis pronto terempos máis imaxes e portadas, xa que dende "recunchO" informan que pronto se porán o día.
Para finalizar solo desexar sorte ao equipo e haber se consiguen ese ascenso que agora parece tan cercano.

domingo, 30 de marzo de 2008

Mereceuse mellor sorte....

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11

Ossián Universidade 4 - 4 Os Primeiros da lista FC

Xogaron: Luis - Eloi - Finito - Boris - Sales - Gatto - Anxo - Fer - Tito - Ventoso e Taller.
Tamén xogaron : Freire e Gabriel.

Goles: 1 - Boris
1 - Finito (p.)
1 - Ventoso
1 - Taller

Incidencias: Ningún espectador nun día chuvioso, o partido pudose perder e gañar , ao final o empate despois da remontada dun 3 a 1 en contra do Ossián deixou un amargo sabor de boca aos nosos xogadores xa que a falta de un minuto e co partido 4 a 3 a fovor o empate non era o resultado xusto.

jueves, 20 de marzo de 2008

De Vacacións!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11 & FUTBOL SALA

Os equipos do Ossián están de vacacións polo parón ligueiro, os primeiros non volveran ao traballo ata o día 27 na Leyma e os segundos ata que empece a fase de ascenso a primeira división. Ambos equipos disfrutan dunhas merecidas vacacións.

jueves, 13 de marzo de 2008

A Celebralo!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 8 - 2 Segundóns CF

Xogaron: Guito - Luis - Finito - Ventoso - Taller e Boris Cruyff.

Goles: 4- Ventoso
2- Finito
1- Taller
1- Boris

Incidentes: Pouca xente para ver un auténtico partidazo no que o gran destacado do Ossián foi Ventoso, que esta a lograr grandes actuacións neste tramo definitivo da liga, conseguindo neste caso 4 goles sumando no que vai de liga un total de 11 tantos en fútbol sala. Pero non solo el, todo o equipo estivo a un grandisimo nivel e é xusto merecedor de pasar a ronda de PLAY-OFF (pasa como 3º de grupo).

sábado, 8 de marzo de 2008

Unha semana de INFARTO!!


LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 7 - 7 Lideres CF

Xogaron: Guito - Luis - Anxo - Ventoso - Taller - Boris - Finito
Baixas: Tito e Gatto (por sendas lesións nos abductores)
Goles: 3- Finito
2- Ventoso
1-Taller
1- Anxo

Incidentes: O Ossián marchouse ao descanso cunha vantaxe de 5 goles a 0, parecía que o partido xa estaba finiquitado. A segunda parte tivo dous tempos, no 1º o Ossián foi ampliando a ventaxa e no 2º o equipo puxose moi atrás e tivo moitos falos defensivos o que lle costou os 3 puntos. Ao final un empate que deixa no aire o pase aos play-off a espera de ver que pasa no próximo partido onde os naranxas se xogan a vida.
O video do partido como sempre en : canleOssian

Grande.....Que Grande!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FÚTBOL 11

Ossián Universidade 6 - 2 Verdillos CF

Xogaron: Diego - Eloi - Jorge - Boris - Luis - Anxo - Gatto - Tito - Ventoso - Taller e Fabián.

Goles: 2- Taller
2- Ventoso
1- Boris
1- Fabián


Incidentes: Gran partido do Ossián con bo e vistoso xogo por bandas, gran verticalidade e numerosas ocasións de gol. As liñas do equipo estaban ben distanciadas o que imposibilitaba a reacción do equipo visitante ao que o Ossián non deu opción. Entre 12ºC cun porcentaxe alto de humidade, entre 5 e 10 espectadores na Leyma con día nublado.

miércoles, 27 de febrero de 2008

Boa xornada!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11


OSSIAN UNIVERSIDADE 3 - 0 ???

Incidentes: O partido dáselle como gañado ao Ossián por incomparecencia do equipo rival. Son 3 puntos para o Ossián, 3 que lle restan ao equipo non presentado e tamén lle descontan puntos ao equipo da árbitro, tamén ausente neste día. Polo restante, en torno aos 12ºC con chuvia tenue e ao redor de 3 espectadores.

lunes, 25 de febrero de 2008

Problemas!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11

Previa Ossian

Informa:O xogador do Ossian Universidade Gattuso poderia perderse o proximo encontro. Faltan xogadores do seu perfil no banco!

viernes, 22 de febrero de 2008

O DERBI da xornada!!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FÚTBOL SALA
OSSIAN UNIVERSIDADE FS 2 - 2 LA BROMA CF
Xogaron: Guito - Gatto - Taller - Boris - Ventoso
Luis - Anxo - Tito e Finito

Goles : 1- Tito
1- Ventoso
Incidentes: Moita espectación para ver un partido desta que o mereceu. O Ossian comezou o partido titubeante, pero pouco a pouco foi alcanzando o seu nivel. Os "bromistas" adiantáronse por duas veces no marcador mais non souberon manter a sua renda. A segunda metade do primeiro tempo foi un "ida e volta", continuas contras para os dous equipos onde se demostrou o bo estado dos porteiros. Guito, tivo que emplearse a fondo nalgunha ocasión.

O segundo tempo foi un auténtico monólogo do Ossian con continuos roubos de balóns e veloces contras que lograron pronto o gol do mais que merecido empate.

Aqui foi cando se puxo mais interesante o encontro, entrou en xogo a emoción, o afán por competir,as ganas de gañar,....esto propiciou que houbera algún que outro "pique" entre os xogadores que non foi a máis. Para finalizar comenar que fixo unha temperatura duns 18ºC e que foi un bo partido e un bo día, e que os xogadores xa sacaron o sabor amargo do empate.
Tódolos videos en canleOssian:

miércoles, 20 de febrero de 2008

Partidazo!!!


LIGA UNIVERSITARIA


FUTBOL SALA


OSSIAN UNIVERSIDADE FS vs La Broma FC


Datos: Mañá dia 21 de febreiro as 14:00h no Pabillon de Riazor .


Comentarios: O que perda este partido terá moi complicado pasar á seguinte fase do campionato. Esto mais a rivalidade convirte o partido nun DERBI.

Mala racha!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11

OSSIÁN UNIVERSIDADE 1 - 3 ????????????

Xogaron: Diego - Fabián - Boris - Jorge - Luis - Gatto - Pipelo

Fer - Ventoso - Taller e Tito.

Tamén xogaron: Eloi e ???

Goles: 1- Taller

Incidencias: Destacar que foi un partido duro pero con bastante bo xogo, o árbitro non estubo acertado con moitas das decisións. Gattuso do Ossián foi expulsado no minuto 20 da segunda parte (aprox.) por unha forte entrada no borde da área. O gol de Taller foi de forte disparo con efecto que colleu ao porteiro rival algo "descolocado". Por todo o demáis destacar a boa temperatura do día e o bo estado do terreo de xogo, A Leyma, o redor de 10 espectadores.

viernes, 15 de febrero de 2008

Caida libre!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 3 - 12 Arquitectura 2_?

Xogaron: Luis - Gatto - Anxo - Finito - Taller




Goles: - 2 Finito
- 1 Anxo
.Imaxe: calentando motores.

Imaxe: o equipo destrozado





Incidentes: Pesimo partido do equipo onde a unica conclusion posible é que hai que tomar as cousas con maior seriedade.

Videos CDO en canleOssian:

http://youtube.com/watch?v=CL5k5HnRR3E

Futbol total!!!!

LIGA UNIVERSITARIA


FUTBOL 11

Juanjo FC 5 - 4 Ossián Universidade


Esquema do inicio do partido. Xogaron:

Manu(PT), Jorge, Eloi e Luis (DF), Gattuso, Anxo (MC), Fabián, Rubio (EX), Tito, Taller (DL) e Finito (DC) ---> Tamén xogou: Ventoso (de todo un pouco)
*A maioria foron rotando de posición

Goles: - 1 Fabian
- 1 Anxo
-1 Finito
- 1 Taller

Incidentes: Cousa de 5 ou 6 espectadores no Campo de A Leyma para ver un partido de futbol moi trabado e con demasiado xogo directo, o equipo local caeu en cousa de 15 ou mais foras de xogo. Dous penaltis en contra do Ossián que provocaron Eloi e Jorge, os dous centrales puxeron o partido moi complicado. Nun dos goles locais o porteiro manu, pudo facer algo máis e en canto a eficacia oleadora destacar que se houbese algun tiro mais dende a frontal da area podia ampliarse o marcador. Destacar o precioso gol de baselina de Finito e o pique entre este e o central do equipo contrario. En torno aos 20ºC nun caluroso día de inverno galego.

*PD: Sinto non ter imaxes, pero estaba xogando, mal, pero xogando.

jueves, 31 de enero de 2008

Primeira derrota da tempada!!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA
?????? 6 - 4 OSSIAN UNIVERSIDADE FS


Xogaron de inicio: BILIS - GRIGI - BORIS - FINITO e VENTOSO.
Tamén xogaron: TALLER e PIPELO

Goles: - 3 Taller

- 1 Finito







Incidentes: 3 espectadores no Pavillón do C.U.R. 78% de humidade, 15ºC nun día idilico para a practica deste deporte. O Ossián en ningún momento lle colleu o ritmo ao partido, case a totalidade dos goles encaixados foron causa de contras nas que quedaba un solo defensor visitante contra 3 atacantes locais. Hai que mellorar.

Xa está o enlace dos videos en canle ossian:

http://www.youtube.com/watch?v=fvCFoXNjHMg

http://www.youtube.com/watch?v=XD2YzM8k3Kg

Imaxe: Grigi facendo un pase "elegante", estilo libre.(EDP)

jueves, 24 de enero de 2008

Gran victoria!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL SALA

OSSIÁN UNIVERSIDADE FS 7 - 2 ??????????

Goles: - 4 Ventoso
- 2 Boris
- 1 Taller

Incidentes: Un dos goles do outro equipo produciuse por un pase de Grigi ao porteiro, hoxe Bilis, que non estaba onde deberia. Ademáis, Pipelo viu unha tarxeta amarela case ao final do encontro por unha entrada a destempo e sen sentido que poderia ser perfectamente doutra cor.


PD: Deixovos os datos que atopei dos calendaris e demáis





miércoles, 23 de enero de 2008

Lamentable espectáculo na Leyma!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11
????????? 4 - 3 OSSIAN UNIVERSIDADE
Goles: - 2 Ventoso (p.)
- 1 Taller

Incidentes: Tito e Finito romperon no transcurso do partido, e ao non ter suplentes o partido acabou xogandose con tan so 9 xogadores do noso equiposobre o campo.

lunes, 21 de enero de 2008

Resultados Liga Universitaria

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11
1ªXornada: OSSIAN UNIVERSIDADE 6 - 4 ?????????
Goles: 4- Taller
1- Ventoso
1- Finito
FUTBOL SALA
1ªXornada: OSSIAN UNIVERSIDADE FS 5- 0 ???????
Goles: 3- Finito
1- Bilis
1- Boris
2ªXorn.:???????? 4 - 5 OSSIAN UNIVERSIDADE FS
Goles: 3- Ventoso
1- Finito
1- Taller

viernes, 4 de enero de 2008

PORFIN!!!!

PARTIDO MAÑA DÍA 5 DE ENERO AS 10:45h (presencial) EN BASTIAGUEIRO
!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Diversión case asegurada!

miércoles, 2 de enero de 2008

Non hai partido!!!

NON HAI PARTIDO MAÑÁ!!!!!!!!!!!!!!!
SE NON HAI OUTRO IMPROVISTO DE ULTIMA HORA O PARTIDO SERÁ O DÍA 5 AS 11:00H (10:45H ali) EN BASTIAGUEIRO.
CONFIRMAR UN DÍA ANTES E POÑERSE EN CONTACTO ENTRE TODOS PARA O TEMA DO DESPLAZAMIENTO.
SAUDOS