domingo, 8 de mayo de 2011

Morto non, simplemente desconectado !!!

A falta de tempo, recursos e francamente tamén ganas, o Clube Ossián tomarase unhas vacacións para algun día voltar con moita máis forza !!!
Aproveitamos pra darlle as GRAZAS a toda a xente que nos axudou nalgún momento e nos apoiou.

Moitas grazas e voltaremos !!!

sábado, 28 de noviembre de 2009

Resultados:

LIGA UNIVERSITARIA

FÚTBOL 7

1ª Xornada: Ossián Universidade F7 0 - 0 (¿______?)

2ª Xornada: (¿a saber?) 1 - 6 Ossián Universidade F7

domingo, 9 de agosto de 2009

Novas cousas e tal.....

   Como xa sabedes estivemos anunciando unha serie de cambios importantes no clube, dentro destes trocos salientar que hai unha nova estructura interna do Clube da que pronto teredes noticias xunto cun organigrama perfectamente claro.


    Noutra orde de cousas indicar que pronto teremos a vosa disposición neste blog unha serie de debuxos co fin de facer entre vos, coma usuarios web e afeccionados, unha serie de enquisas para obter unha especie de consenso á hora de escoller cal será o NOVO ESCUDO DO CLUBE OSSIÁN (e esperemos que tamén seña o definitivo), xunto cunha serie de  CAMISETAS que queremos poñer a venda entre todo o que a queira, avisamos de que estas serán unha cousa moderna e que se poderá empregar perfectamente para vestir e non so de pixama coma outras anteriores.

Poi polo momento isto é todo, pronto teremos listos estes temas e ata daquela un cordial saudo e unha aperta.

CD Ossián.


viernes, 22 de mayo de 2009

Preparando a proxima tempada

LIGA UNIVERSITARIA
FUTOL
O Clube Ossian Universidade xa se pora a traballar a partir do próximo mes na configuracion do plante de cara a proxima tempada, xa hai algunha alta confirmada e esperamos que o proximo exercicio seña mellor do que foi este.
Saudos!!!

miércoles, 30 de julio de 2008

Posibles baixas...

LIGA UNIVERSITARIA
OSSIAN UNIVERSIDADE

Pois parece ser que o Clube contara con duas baixas importantes (a espera de confirmar algunha máis), a do lateral esquerdo de largo recorrido Luis e a do medio centro de corte defensivo Gatto, sen dubida duas baixas importantes de cara ao proximo curso ligueiro, xa que ambolos dous foron titulares indiscutibles durante toda a pasada tempada. O primeiro causará baixa por mor dunha beca ERASMUS, que o translada ata as Illas Britanicas, e o segundo por unha serie de lesións que lle impiden rendir a bo nivel, pero, como asegura o propio xogador, de tanto en tanto fara as delicias dos espectadores acudindo a xogar algún que outro partido. Dende a dirección do blog, desexarlles boa sorte aos dous e un pronto regreso ao primeiro da sua estadia polo extranxeiro.

Noutra orde de cousas comunicar que o Clube anda na procura sobre todo dun Lateral Esquerdo e dun Medio Centro Defensivo, postos para os que non hai efectivos e que se consideran claves de cara a próxima tempada, todavia non se barallan nomes concretos pero estaremos atentos ao que pase nos próximos dias.

Sen máis, pasade un bo veran.

viernes, 23 de mayo de 2008

Acabou o ano!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11
Acabou a tempada xa haberá 2 ou 3 semanas, esperaba a actualizar porque me prometeran unhas fotos do ultimo partido que finalmente non chegaron, solo dicir que perdimos o partido de volta 2 a 4 contra o campion de 1ª, asique solo cabe esperar haber que pasa o ano proximo. Se acontece algo mais xa vos iremos avisando.
O anterior partido xogaron: Porteiro (Hugo?), Luis, Boris, Jorge, Eloi, Anxo, Paco, Ventoso, Tito, Taller e Angel.
Os goles non me acordo quen os marcou.
Sen máis hasta o próximo ano OSSIANISTAS!!!

domingo, 4 de mayo de 2008

Copa Reitor!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11

Non estamos seguros da data do partido pero todo fai supoñer que será o Martes ou o Mercores a eso do mediodia. É un partido de vital importancia se queremos facer algo medianamente decente na copa despois de gañar o outro día por 5 a 2 xogando boa parte do partido con 8, logo 9, logo 10 e os ultimos 15 minutos xa con 11. Destacar o golazo de Ventoso e un tiro a escuadra de Tito, ademáis como non, mencionar un hatt-trick de Taller.