domingo, 30 de marzo de 2008

Mereceuse mellor sorte....

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11

Ossián Universidade 4 - 4 Os Primeiros da lista FC

Xogaron: Luis - Eloi - Finito - Boris - Sales - Gatto - Anxo - Fer - Tito - Ventoso e Taller.
Tamén xogaron : Freire e Gabriel.

Goles: 1 - Boris
1 - Finito (p.)
1 - Ventoso
1 - Taller

Incidencias: Ningún espectador nun día chuvioso, o partido pudose perder e gañar , ao final o empate despois da remontada dun 3 a 1 en contra do Ossián deixou un amargo sabor de boca aos nosos xogadores xa que a falta de un minuto e co partido 4 a 3 a fovor o empate non era o resultado xusto.

jueves, 20 de marzo de 2008

De Vacacións!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11 & FUTBOL SALA

Os equipos do Ossián están de vacacións polo parón ligueiro, os primeiros non volveran ao traballo ata o día 27 na Leyma e os segundos ata que empece a fase de ascenso a primeira división. Ambos equipos disfrutan dunhas merecidas vacacións.

jueves, 13 de marzo de 2008

A Celebralo!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 8 - 2 Segundóns CF

Xogaron: Guito - Luis - Finito - Ventoso - Taller e Boris Cruyff.

Goles: 4- Ventoso
2- Finito
1- Taller
1- Boris

Incidentes: Pouca xente para ver un auténtico partidazo no que o gran destacado do Ossián foi Ventoso, que esta a lograr grandes actuacións neste tramo definitivo da liga, conseguindo neste caso 4 goles sumando no que vai de liga un total de 11 tantos en fútbol sala. Pero non solo el, todo o equipo estivo a un grandisimo nivel e é xusto merecedor de pasar a ronda de PLAY-OFF (pasa como 3º de grupo).

sábado, 8 de marzo de 2008

Unha semana de INFARTO!!


LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 7 - 7 Lideres CF

Xogaron: Guito - Luis - Anxo - Ventoso - Taller - Boris - Finito
Baixas: Tito e Gatto (por sendas lesións nos abductores)
Goles: 3- Finito
2- Ventoso
1-Taller
1- Anxo

Incidentes: O Ossián marchouse ao descanso cunha vantaxe de 5 goles a 0, parecía que o partido xa estaba finiquitado. A segunda parte tivo dous tempos, no 1º o Ossián foi ampliando a ventaxa e no 2º o equipo puxose moi atrás e tivo moitos falos defensivos o que lle costou os 3 puntos. Ao final un empate que deixa no aire o pase aos play-off a espera de ver que pasa no próximo partido onde os naranxas se xogan a vida.
O video do partido como sempre en : canleOssian

Grande.....Que Grande!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FÚTBOL 11

Ossián Universidade 6 - 2 Verdillos CF

Xogaron: Diego - Eloi - Jorge - Boris - Luis - Anxo - Gatto - Tito - Ventoso - Taller e Fabián.

Goles: 2- Taller
2- Ventoso
1- Boris
1- Fabián


Incidentes: Gran partido do Ossián con bo e vistoso xogo por bandas, gran verticalidade e numerosas ocasións de gol. As liñas do equipo estaban ben distanciadas o que imposibilitaba a reacción do equipo visitante ao que o Ossián non deu opción. Entre 12ºC cun porcentaxe alto de humidade, entre 5 e 10 espectadores na Leyma con día nublado.