martes, 22 de abril de 2008

Mala Sorte!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 3 - 2 Play-Off FS

Xogaron: Guito, Finito, Luis, Anxo, Taller, Boris e Ventoso.

Goles: ? - ???.

Incidencias: Gran partido do Ossián no Pavillón Agra II, gañou facendo un partidazo ante un contrario moi duro, os nosos xogaron un bo partido sabendo que necesitaban unha renda de dous goles que finalmente non puido ser.

O resultado final do partido de PLAY OFF polo ansenso queda:

Ossián Universidade FS 5 - 6 PLAY-OFF FS

lunes, 14 de abril de 2008

Información ("recunchO")

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL ONCE

Información: Grazas a Finito sabemos que o Ossián Universidade quedou 5º a tan só 7 puntos do ascenso, unha lástima, pero xa se logrará par o próximo ano, tamén sabemos a data é hora do próximo partido, será o próximo MERCORES 30 de ABRIL as 13:00h no campo de fútbol da LEYMA en partido correspondente á COPA REITOR, esta competición apetécelles e moito aos xogadores do Ossián, para, así, intentar quitarse a espiña da catastrofe da liga regular.

sábado, 12 de abril de 2008

Clasificados!!!

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA
O Ossián Universidade F.S logrou a clasificación para a seguinte fase do ascenso a 1º, non temos moitos datos datos destes encontros, solo dicir que o Ossián venceu en 3 dos seus 4 compromisos o que o levou a ser un claro candidato ao ascenso. Noutra orde de cousas salientar que Boris retirouse lesionado do ultimo encontro e é seria dubida para os proximos, tamén salientar que o novo sistema do equipo denominado polos seus integrantes "catenaccio" está a dar moi bos resultados. Ademáis pronto terempos máis imaxes e portadas, xa que dende "recunchO" informan que pronto se porán o día.
Para finalizar solo desexar sorte ao equipo e haber se consiguen ese ascenso que agora parece tan cercano.

domingo, 30 de marzo de 2008

Mereceuse mellor sorte....

LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL 11

Ossián Universidade 4 - 4 Os Primeiros da lista FC

Xogaron: Luis - Eloi - Finito - Boris - Sales - Gatto - Anxo - Fer - Tito - Ventoso e Taller.
Tamén xogaron : Freire e Gabriel.

Goles: 1 - Boris
1 - Finito (p.)
1 - Ventoso
1 - Taller

Incidencias: Ningún espectador nun día chuvioso, o partido pudose perder e gañar , ao final o empate despois da remontada dun 3 a 1 en contra do Ossián deixou un amargo sabor de boca aos nosos xogadores xa que a falta de un minuto e co partido 4 a 3 a fovor o empate non era o resultado xusto.

jueves, 20 de marzo de 2008

De Vacacións!!!


LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL 11 & FUTBOL SALA

Os equipos do Ossián están de vacacións polo parón ligueiro, os primeiros non volveran ao traballo ata o día 27 na Leyma e os segundos ata que empece a fase de ascenso a primeira división. Ambos equipos disfrutan dunhas merecidas vacacións.

jueves, 13 de marzo de 2008

A Celebralo!!!

LIGA UNIVERSITARIA

FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 8 - 2 Segundóns CF

Xogaron: Guito - Luis - Finito - Ventoso - Taller e Boris Cruyff.

Goles: 4- Ventoso
2- Finito
1- Taller
1- Boris

Incidentes: Pouca xente para ver un auténtico partidazo no que o gran destacado do Ossián foi Ventoso, que esta a lograr grandes actuacións neste tramo definitivo da liga, conseguindo neste caso 4 goles sumando no que vai de liga un total de 11 tantos en fútbol sala. Pero non solo el, todo o equipo estivo a un grandisimo nivel e é xusto merecedor de pasar a ronda de PLAY-OFF (pasa como 3º de grupo).

sábado, 8 de marzo de 2008

Unha semana de INFARTO!!


LIGA UNIVERSITARIA
FUTBOL SALA

Ossián Universidade FS 7 - 7 Lideres CF

Xogaron: Guito - Luis - Anxo - Ventoso - Taller - Boris - Finito
Baixas: Tito e Gatto (por sendas lesións nos abductores)
Goles: 3- Finito
2- Ventoso
1-Taller
1- Anxo

Incidentes: O Ossián marchouse ao descanso cunha vantaxe de 5 goles a 0, parecía que o partido xa estaba finiquitado. A segunda parte tivo dous tempos, no 1º o Ossián foi ampliando a ventaxa e no 2º o equipo puxose moi atrás e tivo moitos falos defensivos o que lle costou os 3 puntos. Ao final un empate que deixa no aire o pase aos play-off a espera de ver que pasa no próximo partido onde os naranxas se xogan a vida.
O video do partido como sempre en : canleOssian