miércoles, 30 de julio de 2008

Posibles baixas...

LIGA UNIVERSITARIA
OSSIAN UNIVERSIDADE

Pois parece ser que o Clube contara con duas baixas importantes (a espera de confirmar algunha máis), a do lateral esquerdo de largo recorrido Luis e a do medio centro de corte defensivo Gatto, sen dubida duas baixas importantes de cara ao proximo curso ligueiro, xa que ambolos dous foron titulares indiscutibles durante toda a pasada tempada. O primeiro causará baixa por mor dunha beca ERASMUS, que o translada ata as Illas Britanicas, e o segundo por unha serie de lesións que lle impiden rendir a bo nivel, pero, como asegura o propio xogador, de tanto en tanto fara as delicias dos espectadores acudindo a xogar algún que outro partido. Dende a dirección do blog, desexarlles boa sorte aos dous e un pronto regreso ao primeiro da sua estadia polo extranxeiro.

Noutra orde de cousas comunicar que o Clube anda na procura sobre todo dun Lateral Esquerdo e dun Medio Centro Defensivo, postos para os que non hai efectivos e que se consideran claves de cara a próxima tempada, todavia non se barallan nomes concretos pero estaremos atentos ao que pase nos próximos dias.

Sen máis, pasade un bo veran.

No hay comentarios: